Ante a evolución da situación xerada pola transmisión do coronavirus COVID-19 e tralas medidas preventivas tomadas polo Goberno do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, a organización da carreira «O Porriño 10k», que se ía celebrar o 15 de marzo do 2020 no Porriño, posponse para unha data aínda por determinar.

A organización fixará unha nova data nos próximos días, previsiblemente no mes de maio, sempre e cando as autoridades competentes levanten as actuais medidas preventivas. No caso de que estas medidas se manteñan, a organización tratará de celebrar a carreira no outono deste ano.

En relación ás inscricións levadas a cabo, ofrecerémoslle aos atletas a posibilidade de participar na edición deste ano ou de pasar a inscrición para a edición do 2021.

Estamos a disposición dos atletas para aclarar calquera dúbida que teñades, a través de calquera dos métodos de contacto dispoñibles na web ou a través das redes sociais Facebook e Twitter.

Dende a organización lamentamos as molestias e os inconvenientes que se poidan ocasionar.

Informaremos de todas as novidades, así como da nova data da carreira, a través da nosa web e das redes sociais.

Categories: prensa

0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *